Tuesday 23 de April de 2024

A Xunta recoñece a excelencia de 21 titulados de Formación Profesional cos Premios Extraordinarios de Grao Superior


Os galardóns enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 21 titulados da Formación Profesional cos premios extraordinarios de grao superior, o obxectivo destes galardóns é poñer en valor o traballo do alumnado que cursa estas ensinanzas con resultados excelentes. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requerimentos.

O premiados son os que se relacionan na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro educativo Apelidos e nome Familia profesional
A Coruña A Coruña CIFP Imaxe e Son Robles Suárez, Rubén Imaxe e son
A Coruña A Coruña CPR Plurilingüe Liceo La Paz Mella Albertino, Alejandro Informática e comunicacións
A Coruña A Coruña CPR Tomás Barros Gundín González, Genoveva Servizos socioculturais e á comunidade
A Coruña Ferrol CIFP Leixa Gómez Díaz, Lorena Artes gráficas
A Coruña Ferrol CIFP Ferrolterra Hermida Fernández, Enrique Fabricación mecánica
A Coruña Ferrol CIFP Ferrolterra López Gómez, Lorena Transporte e mantemento de vehículos
A Coruña Santiago de Compostela IES As Fontiñas Blanco Gens, Cristina Edificación e obra civil
A Coruña Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago Pernas Fernández, Noel Instalación e mantemento
A Coruña Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago Andón Rodríguez, Mariña Química
A Coruña Santiago de Compostela CPR Fesán Muíño Rey, Minia Sanidade
Lugo Castro de Rei IES da Terra Chá, José Trapero Pardo Canto Lastra, Miguel Agraria
Lugo Monforte de Lemos IES Río Cabe García Golmar, Iria Hostalaría e turismo
Ourense O Barco de Valdeorras IES Lauro Olmo Rodríguez Tato, Javier Administración e xestión
Ourense Ourense IES 12 de Outubro Blanco Álvarez, Marta Imaxe persoal
Pontevedra Cambados IES Ramón Cabanillas Fonseca Planet, Laia Industrias alimentarias
Pontevedra Cangas IES María Soliño Santos Bacelar, Francisco Javier Actividades físicas e deportivas
Pontevedra A Illa de Arousa IGAFA Inst. Galego de F. en Acuicultura Oubiña Bea, Lucía Marítimo-pesqueira
Pontevedra Silleda IES Plurilingüe Pintor Colmeiro García Rodríguez, Sandra Comercio e márketing
Pontevedra Vigo IES Ricardo Mella Quiroga Blanco, David Electricidade e electrónica
Pontevedra Vigo CIFP Valentín Paz Andrade Fernández Ocampo, Laura Madeira, moble e cortiza
Pontevedra Vigo CIFP Manuel Antonio Veiga da Rocha, Aroa Téxtil, confección e pel

A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550€ que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, non podendo exceder dos 850€ por premio. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior. Os galardóns enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.